venres, 15 de marzo de 2013



A IMPORTANCIA DAS ESCOLAS DE NAIS E PAIS NOS COLEXIOS

Preguntámosnos primeiramente, qué son as escolas para nais e pais? Son espazos de aprendizaje sonde o intercambio de experiencias e a reflexión colectiva convirtense en ferramentas que permiten mellorar os recursos educadores dos pais e nais.

Debemos considerar que normalmente como nais e pais aprendemos dos nosos fillos a tavés dos ensaios e dos erros.. Pois aquí é onde adquire significado a importancia das “Escolas de nais e pais”, xa que poden ser un espazo para por en común todas as experiencias acumuladas cos cativos, aprendendo básicamente da experiencia e as observacións de outros pais e nais, das aportacións dos distintos profesionais que se dedican a traballar ca infancia e a adolescencia.

Son pois un foco de reflexión e de intercambio, de análise das nosas realidades e das dos nosos fillos e fillas.

Polo que a formación das familias debe basarse nas circunstancias e realidades que actúan sobre o desenvolvemento dos cativos, a análise dos contextos onde os alumnos e alumnas medran e se educan, a realidade do contexto onde conviven.

Asi pois hai varias temáticas que se poden abordar a día de hoxe nos centros educativos como son:
 -Cómo traballar familia e escola?
-É acoso escolar?
-O meu fillo suspendeu, qué podo facer?
-Os estudos, cómo axudalo?
-Inflúe a familia nos resultados escolares?
-Cómo facer que os rapaces/zas nos fagan caso?
-Habilidades para a vida:
Sabemos escoitar?
Sabemos dicir non?
Sabemos poñernos no lugar do outro/a?
-Solucionar conflitos. Cómo facer as paces?
-Falamos de sexo con rapaces?
-Qué podemos facer para previr consumos de drogas?
-Os problemas na adolescencia
-Cómo afecta unha separación os rapaces/as?
-Qué valores lles transmitimos?
-Uso e abuso de Internet, móvil, videoxogos…

Todos estes temas serían de vital importancia abordalos nas escolas de nais e pais dos colexios, debido a relevancia do seu tratamento de cara á educación integral dos seus fillos e fillas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario