martes, 12 de marzo de 2013



OS BLOGS NOS DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN

Debemos preguntarnos primeiramente, qué é un blog? Pois un blog é unha modalidade de páxina web ( sinxela) sen coste económico, que potencia a participación e a interactividade e que posibilita a indicación de contidos. Polo que nos pode no noso ámbito servir de guía de información Académica e Profesional, para o noso alumnado.
As vantaxes que podemos sinalar no ámbito educativo, con respecto o emprego dos Blogs serían:
-Como un sistema sinxelo, rápido e sen coste para publicar en Internet
-A posibilidade que ten o visitante de participación e interactividade
-Un sistema de almacenamento e organización da información
-Posibilita e potencia a alfabetización do alumnado
-Aporta unha dose de motivación engadida para as aprendizajes de lectura e escritura. Permite a formación audiovisual
-Iniciamos ó alumno/a nas aprendizajes específicas para organizar, compartir, comunicarse e traballar coa información
-Reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas ( caderno virtual)

Polo que un blog, en definitiva pode ser un espazo de aprendizaxe que responda as necesidaes educativas dos nosos /as alumnos/as, sendo unha ferramenta multiuso que nos permite variadas aplicacións pedagóxicas.
Aínda así non nos podemos olvidar do seu uso crítico, xa que os nosos alumnos pertencen a xeración de nativos dixitais, polo que debemos ensinarlles a non conformarse ca primeira información que lles chega do seu buscador, senón que deben cuestionar a fiabilidade da fonte e contrastala.
Por iso debemos traballar dende a acción titorial e a orientación para axudarlles a ser máis autónomos e aprender dónde poder encontrar información fiable e de utilidade.
Polo que o primeiro obxectivo do blog sería proporcionar ferramentas e información relevante para a toma de decisións vocacionais, tanto o alumnado coma a familia.
Xa que a formación dunha competencia dixital implica ser unha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva ó seleccionar, tratar e empregar a información e as súas fontes, así coma as distintas ferramentas tecnolóxicas; ter unha actitude crítica e reflexiva na valoración da información dispoñible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario