xoves, 2 de maio de 2013

Se ti les, el/ ela len!!!


Myriam Nemirovsky e a ensinanza da lecto-escritura en infantil e primaria



http://www.clave21.es/files/articulos/G00_Entrevista.pdf

Enlace páxina Xunta de Galicia de Atención á diversidade

http://www.edu.xunta.es/web/diversidadeorientacion

As avaliacións dos cativos sempre teñen que ser individualizadas porque debemos ter presente A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, xa que todos e todas somos distintos, en gustos, en intereses, nas nosas características persoais...
Para o próximo día da nai, lelle contos diferentes, contos en valores.

Un mundo de mamás fantásticas

A editorial Comanegra móstranos este conto para facer fincapé na labor indispensable das nosas nais. Un conto maravilloso onde a nai de Einstein comparte café ca nai do Ogro, ca nai de Robin Hood... onde contan moitas aventuras.

Páxina de Aula PT con temas adaptados para traballar diferentes áreas curriculares

http://www.aulapt.org/

Actividades do Departamento Andujar para traballar a lectura

http://www.orientacionandujar.es/2011/04/26/coleccion-de-100-actividades-de-lectura-en-las-que-trabajamos-las-competencias-basicas/

Enlace de actividades

http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&ved=0CDQQFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.educalandia.net%2Falumnos%2Fbusqueda_tematica.php%3Fpalabra_clave%3Dlectoescritura&ei=PxiCUYXPEOjD7AajooCwAw&usg=AFQjCNEabUIrwWjx9V5kJ6bxSLfwD5pqIQ&sig2=V9ZpUO8jo_iN6y5uHIrcAA&bvm=bv.45921128,d.ZGU

venres, 15 de marzo de 2013



A INFLUENCIA DAS REDES SOCIAIS NA PREADOLESCENCIA E NA ADOLESCENCIA

As redes sociais tan de moda hoxe en día, senon se fai un uso axeitado e crítico das mesmas poden conlevar unha serie de riscos nas poboación máis vulnerables no manexo destas.

Isto prodúcese debido a que os rapaces e rapazas non sons conscientes do que pode ocasionar un emprego non responsable da web. A confianza que teñen é superior á posibilidade de pensar en situacións difíciles que poida xerar a rede.
Algúns destes riscos son:
-Abrir os sitios para que calquera os poida ver
-Dar información persoal
-Subir fotografías ( propias ou axenas) que reflexen situacións de intimidade
-Facerse “amigos” de xente que non coñecen
-Encontrarse en persoa con “amigos” que solo coñeceron na rede

Cómo podemos evitar isto?
A principal recomendación para os adultos é sempre o diálogo. Conversar cos adolescentes acerca do uso que fan de Internet, estar o tanto das páxinas que visitan, saber con quenes chatean e que información suben, esta é a mellor maneira de acompañar os máis xóvenes ante calquer situación difícil que se lles poida presentar.
Por iso as  recomendacións idóneas a ter en conta son:
a)                          Ordenar os contactos en distintos grupos: separalos por coñecidos, familia, amigos, escola… e así, cando as listas estén armadas, o usuario pode decidir quen pode ver qué cousas.
b)                         Decidir qué se permite ver: Configurar a lista de maneira que só poidan ver a información quen nos queiramos, así haberá datos que só poden ver os familiares ou amigos e os datos menos privados que se poderán facer públicos
c)                          Dirección e teléfono: O ideal, o din os especialistas, é non subir a unha rede social a dirección nin o número de teléfono. E para os que aínda así perfiran facelo, o mellor é que seleccionen cuidadosamente quenes poderán ver eses datos.
d)                         Non estar sempre dispoñible: non é necesario, e as veces non é convinte estar dispoñible nunca rede social. O usuario pode configurar a súa páxina para que solo os amigos, ou sólo os familiares poidan encontralo. E de esta maneira evitar os menos coñecidos.




A IMPORTANCIA DAS ESCOLAS DE NAIS E PAIS NOS COLEXIOS

Preguntámosnos primeiramente, qué son as escolas para nais e pais? Son espazos de aprendizaje sonde o intercambio de experiencias e a reflexión colectiva convirtense en ferramentas que permiten mellorar os recursos educadores dos pais e nais.

Debemos considerar que normalmente como nais e pais aprendemos dos nosos fillos a tavés dos ensaios e dos erros.. Pois aquí é onde adquire significado a importancia das “Escolas de nais e pais”, xa que poden ser un espazo para por en común todas as experiencias acumuladas cos cativos, aprendendo básicamente da experiencia e as observacións de outros pais e nais, das aportacións dos distintos profesionais que se dedican a traballar ca infancia e a adolescencia.

Son pois un foco de reflexión e de intercambio, de análise das nosas realidades e das dos nosos fillos e fillas.

Polo que a formación das familias debe basarse nas circunstancias e realidades que actúan sobre o desenvolvemento dos cativos, a análise dos contextos onde os alumnos e alumnas medran e se educan, a realidade do contexto onde conviven.

Asi pois hai varias temáticas que se poden abordar a día de hoxe nos centros educativos como son:
 -Cómo traballar familia e escola?
-É acoso escolar?
-O meu fillo suspendeu, qué podo facer?
-Os estudos, cómo axudalo?
-Inflúe a familia nos resultados escolares?
-Cómo facer que os rapaces/zas nos fagan caso?
-Habilidades para a vida:
Sabemos escoitar?
Sabemos dicir non?
Sabemos poñernos no lugar do outro/a?
-Solucionar conflitos. Cómo facer as paces?
-Falamos de sexo con rapaces?
-Qué podemos facer para previr consumos de drogas?
-Os problemas na adolescencia
-Cómo afecta unha separación os rapaces/as?
-Qué valores lles transmitimos?
-Uso e abuso de Internet, móvil, videoxogos…

Todos estes temas serían de vital importancia abordalos nas escolas de nais e pais dos colexios, debido a relevancia do seu tratamento de cara á educación integral dos seus fillos e fillas.

martes, 12 de marzo de 2013



OS BLOGS NOS DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN

Debemos preguntarnos primeiramente, qué é un blog? Pois un blog é unha modalidade de páxina web ( sinxela) sen coste económico, que potencia a participación e a interactividade e que posibilita a indicación de contidos. Polo que nos pode no noso ámbito servir de guía de información Académica e Profesional, para o noso alumnado.
As vantaxes que podemos sinalar no ámbito educativo, con respecto o emprego dos Blogs serían:
-Como un sistema sinxelo, rápido e sen coste para publicar en Internet
-A posibilidade que ten o visitante de participación e interactividade
-Un sistema de almacenamento e organización da información
-Posibilita e potencia a alfabetización do alumnado
-Aporta unha dose de motivación engadida para as aprendizajes de lectura e escritura. Permite a formación audiovisual
-Iniciamos ó alumno/a nas aprendizajes específicas para organizar, compartir, comunicarse e traballar coa información
-Reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas ( caderno virtual)

Polo que un blog, en definitiva pode ser un espazo de aprendizaxe que responda as necesidaes educativas dos nosos /as alumnos/as, sendo unha ferramenta multiuso que nos permite variadas aplicacións pedagóxicas.
Aínda así non nos podemos olvidar do seu uso crítico, xa que os nosos alumnos pertencen a xeración de nativos dixitais, polo que debemos ensinarlles a non conformarse ca primeira información que lles chega do seu buscador, senón que deben cuestionar a fiabilidade da fonte e contrastala.
Por iso debemos traballar dende a acción titorial e a orientación para axudarlles a ser máis autónomos e aprender dónde poder encontrar información fiable e de utilidade.
Polo que o primeiro obxectivo do blog sería proporcionar ferramentas e información relevante para a toma de decisións vocacionais, tanto o alumnado coma a familia.
Xa que a formación dunha competencia dixital implica ser unha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva ó seleccionar, tratar e empregar a información e as súas fontes, así coma as distintas ferramentas tecnolóxicas; ter unha actitude crítica e reflexiva na valoración da información dispoñible.