venres, 15 de marzo de 2013



A INFLUENCIA DAS REDES SOCIAIS NA PREADOLESCENCIA E NA ADOLESCENCIA

As redes sociais tan de moda hoxe en día, senon se fai un uso axeitado e crítico das mesmas poden conlevar unha serie de riscos nas poboación máis vulnerables no manexo destas.

Isto prodúcese debido a que os rapaces e rapazas non sons conscientes do que pode ocasionar un emprego non responsable da web. A confianza que teñen é superior á posibilidade de pensar en situacións difíciles que poida xerar a rede.
Algúns destes riscos son:
-Abrir os sitios para que calquera os poida ver
-Dar información persoal
-Subir fotografías ( propias ou axenas) que reflexen situacións de intimidade
-Facerse “amigos” de xente que non coñecen
-Encontrarse en persoa con “amigos” que solo coñeceron na rede

Cómo podemos evitar isto?
A principal recomendación para os adultos é sempre o diálogo. Conversar cos adolescentes acerca do uso que fan de Internet, estar o tanto das páxinas que visitan, saber con quenes chatean e que información suben, esta é a mellor maneira de acompañar os máis xóvenes ante calquer situación difícil que se lles poida presentar.
Por iso as  recomendacións idóneas a ter en conta son:
a)                          Ordenar os contactos en distintos grupos: separalos por coñecidos, familia, amigos, escola… e así, cando as listas estén armadas, o usuario pode decidir quen pode ver qué cousas.
b)                         Decidir qué se permite ver: Configurar a lista de maneira que só poidan ver a información quen nos queiramos, así haberá datos que só poden ver os familiares ou amigos e os datos menos privados que se poderán facer públicos
c)                          Dirección e teléfono: O ideal, o din os especialistas, é non subir a unha rede social a dirección nin o número de teléfono. E para os que aínda así perfiran facelo, o mellor é que seleccionen cuidadosamente quenes poderán ver eses datos.
d)                         Non estar sempre dispoñible: non é necesario, e as veces non é convinte estar dispoñible nunca rede social. O usuario pode configurar a súa páxina para que solo os amigos, ou sólo os familiares poidan encontralo. E de esta maneira evitar os menos coñecidos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario